Wednesday 24 de April de 2024

Máis de 18.500 € para a renovación do parque infantil do Mesón do Vento


Os nenos e nenas do Mesón do Vento xa teñen novo parque infantil. O Concello de Ordes vén de realizar un investimento de algo máis de 18.500 € para a mellora desta área de ocio e diversión xa existente que presentaba un notable estado de deterioración.

Concretamente leváronse a cabo distintas tarefas relacionadas coa colocación de randeeiras, torres, carteis e valos. Ademais tamén se instalaron no chan pranchas de caucho de distintos grosores como medida de seguridade.